jueves, 16 de febrero de 2017

Premios Curuxa: Concurso de Humor.



Boas!

Presentámosvos un Concurso de Humor chamado Premios Curuxa. Para participar debedes facer un debuxo humorístico de temática libre. Poden ser viñetas, mudo, texto ilustrado, etc...

Hai dúas categorías, unha para maiores de 25 anos e outra para persoas de até 25 anos.

Os traballos deben ser presentados en papel, cunha medida de un máximo de 29,7x42 cm (A3). Ademais, non se admiten fotocopias nin gravados.

Os traballos poden ser mudos, escritos en galego ou en calqueira das outras Linguas Oficiais do Estado (aínda que nese caso será necesario adxuntar unha traducción ao galego xunto coa obra).

O prazo remata o 30 de Maio, así que xa sabedes, a debuxar!

Estes son os premios da categoría Curuxa-nova (até 25 anos):

1º) 1000 euros + diploma.
2º) 500 euros + diploma.

Se vos queredes enterar de como participar, dos premios da outra categoría ou as bases completas, premede na seguinte ligazón:

http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar/item/10635-xxi-concurso-de-humor-grafico-curuxa-do-humor-2017

Muita sorte!



XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”


Concurso de Mensaxes de Amor: Lingua de Namorar.

Ola a todos!

Hoxe, traémosvos un concurso en liña de mensaxes de amor chamado Lingua de Namorar. Poden participar persoas de 14 a 35 anos e é mui sinxelo participar, tan só tedes que cubrir un formulario. Ademais, este é un concurso en galego, co cal, vén perfeito pra poñer en práctica a nosa fermosa lingua.

Para participar neste concurso tendes que escreber un máximo de 2 mensaxes de 350 caracteres como máximo. Poden estar en prosa ou en verso e teñen que estar escritas en galego.

Animámosvos a participar, xa que os premios prometen:

PREMIOS

Categoría A (14-19 anos):

1º) Smartphone Wiko 5" Qcuore 3, 16 GB.
2º) Cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM.
3º) Smartwatch SPC 9616T

Tendes de prazo ata o 5 de Marzo, na ligazón que vos deixamos abaixo podedes ver a bases completas do concurso e os premios da categoría de adultos. Sorte!

http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar



Resultado de imagen de i love galicia

Charla sobre Drogas.

Fai unhas semanas, recibimos no noso centro unha charla sobre as drogas. Este tipo de charlas son comúns en centros de educación secundaria, debido á importancia de educar, informar e previr ás novas xeracións sobre estas substancias.

Na charla tratáronse distintos aspectos: dende a correcta diferenciación entre os termos, abuso, dependencia ou síndorme de abstinencia; ata saber diferenciar que é realmente unha droga e pasando por coñecer os distintos tipos...

Aquí abaixo deixámosvos unhas fotos e non esquezades mirar outros eventos, charlas ou demais actividades realizadas no IES na barra de arriba.

Un grande saúdo,

Correspondentes Xuvenís.