martes, 13 de junio de 2017

ENCONTRO CON EX-ALUMNOS E BREVE INTRODUCCIÓN Á USC


O pasado venres 31, no noso instituto, houbo un encontro entre ex-alumnos do centro cos de hoxe en día. A idea desta reunión era poder resolver dúbidas e preguntas que os estudantes actuais puideran ter aos ex-alumnos. Habíaos de tódalas clases: matemáticos, biólogos, profesores, abogados, enfermeiros... moi encantadores todos, desde logo.

 Tras a sesión, que daba a oportunidade de coñecelos e falar con eles, o decano  da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio Segura Iglesias (bioloxía), deu unha detallada explicación sobre a vida na universidade: carreiras, residencias, becas... Un pouco de todo. Ao rematar, un dos mellores ex-alumnos deu un discurso motivador. O que se aprende nos anos de estudo. Pode que os discursos non foran o seu, pero a todos os presentes a mensaxe lles chegou perfectamente nítida, que basicamente era: se ti queres, non hai barreiras!








No hay comentarios:

Publicar un comentario